INFO PRA LANGRÁNS

Cómo mercar

Acougade, se é a vosa primeira vez que non cunda o pánico! Velaquí vos vai unha guía pra langráns pra mercar pasiño a pasiño e de forma ben sinxela:

  1. Elixe os productos que queiras, marca a talla e a cantidade e preme Mercar cada vez que queiras engadir un producto ó carriño de compra. Se mercas roupa lembra elixir ben a talla pra non ter que andar enviándoa de volta ( ó carón de cada cami hay unha táboa coas medidas de cada talla). Se ainda asi tes algunha dúbida ponte en contacto con nós en contacto@arevolta.com e resolverémoscha encantados.
  2. Cando finalices de selecciona-los productos vai ó Carriño onde verás todo o que fuches engadindo.
  3. Na parte inferior ides ver o importe e mailos gastos de envío. Se está todo correcto preme Ir á caixa.
  4. Aquí tes que cubrir o formulario cos teus datos de entrega. Á dereita poderás ver un resumo do teu pedido. Unha vez teñas todo cuberto e marques a casilla de Lin e acepto os términos e condicións xa podes entrar na plataforma de Paypal pra efectuar o pago.
  5. Unha vez dentro de Paypal terás a opción de pagar mediante a propia plataforma (se dispós de conta Paypal) ou face-lo pago directamente coa túa tarxeta de débito ou de crédito. Pra escoller esta última opción pincha na pestaña que pon ¿No dispone de una cuenta PayPal?
  6. Finalmente ven a parte que a ninguén lle gusta (si… toca premer Pagar). Máis pensa que, a cambio, nuns días vas ter un agasallo revoltoso ben molón na túa casa. Todo vantaxes!

* Recorda que:

  • Non é preciso rexistrarse na páxina pra mercar, con cumplimentar o formulario de compra é dabondo.
  • Os teus datos persoais están seguros:

Conforme a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPDP), informámosche que mediante a cumplimentación dos formularios, os teus datos personais quedarán incorporados e serán tratados nos arquivos automatizados de A REVOLTA.

A principal finalidade destes arquivos é a de manter a relación contractual cos nosos clientes, facilitar a tramitación dos pedidos, así como o envío de información relativa os produtos e servizos comercializados.

Só pedimos aqueles datos necesarios para a prestación do servizo requerido e únicamente serán empregados para este fin. Ademais, en todo momento tes dereito a acceder, cancelar ou rectificalos en contacto@arevolta.com

 


Formas de pago

Poderás pagar os teus pedidos de forma rápida e segura mediante Paypal ou ben, se non dispós de conta Paypal, directamente coa túa tarxeta de débito ou crédito. Se tes algunha dúbida, consulta o apartado superior Cómo mercar, onde che explicamos con máis detalle como facelo, ou ben ponte en contacto con nós en contacto@arevolta.com. Lembra que Paypal é un dos sistemas de pago máis seguros que existen actualmente, que transmite os datos de forma encriptada SSL e conecta co teu banco ou coa túa conta de Paypal para autorizar previamente a compra.


Envíos

Enviarémosche o teu pedido por correo certificado ó enderezo que nos indiques. Desta forma un amable e simpático funcionario de correos entregarache o pedido en man na túa casa, e se andas por ahi adiante de langrán deixarache unha notificación no buzón para que o vaias recoller á oficina de correos máis cercana. Os custos de envío son de 4,5 € (por envío), así que se queres rentabiliza-los ben recomendámosche que pidas varios productos nun mesmo pedido e dese xeito sairache máis económico. Nun prazo máximo de cinco días laborables terás o teu pedido na casa salvo rotura de stock, nese caso porémonos en contacto contigo para fixar unha nova data de entrega. Polo de agora só facemos envíos á Península, polo que se vives fóra dela e queres mercar algún producto, ponte en contacto con nós en contacto@arevolta.com e pasarémosche as tarifas internacionais.


 Devolucións

Se non estás conforme co producto ou non che vale a talla poderás devolver o teu pedido e cambialo por outro, nun prazo de 30 días dende a súa recepción, sempre e cando non esté usado e se atope en boas condicións (se queres devolver unha cami faite boa xente e non saias de rachí con ela a noite antes). Simplemente ponte en contacto con nós na dirección de correo contacto@arevolta.com e facilitarémosche o enderezo ó que terías que enviárnolo. Os gastos de envío da devolución corren da túa conta salvo que o produto estea deteriorado. De ser así nós convidamos a esa rolda. Recordade amighiños que poderedes cambia-los productos tantas veces como vos pete, o que non facemos son devolucións de cartos.